ABRIMOS A CAIXA DE ITHABRIMOS LA CAJA DE ITH

mujer-33dd-gyc3b6rgy-kepes-mujer-en-el-cubo-1930-reblodo-tumblr

A CAIXA DE ITH é un blog da FUN no que informaremos sobre proxectos literarios que acolle a plataforma ITH.  Editar e divulgar a actualidade literaria de forma colaborativa e participativa é o obxectivo da plataforma.

Pero… Que é ITH?

ITH é unha plataforma que vertebra unha comunidade de lectores arredor de proxectos literarios financiados colectivamente (crowdfunding). Neste blog colgaremos novas relacionadas coa actualidade literaria e cos proxectos de ITH.

ITH é unha figura mítica que ve Irlanda dende á Torre de Hércules e posúe unha mirada certeira sobre futuro. Recollendo este mito celta, Uxío Novoneyra escribe o “Poema de ITH” no ano 1991 onde soña un futuro mellor para os pobos:

ITH olla e sabe que n-é engaño canto il vei certo fixo ou venta

sabe que o anseio é nova anque escura e que o Futuro xa só agarda a hora.

Aquí escoitaredes o audio do poema recitado por Novoneyra.

Guiada pola mirada de ITH, a FUN acolle esta plataforma con ideas para un futuro literario soñado. Xuntos podemos facelo real!

Foto: Gyorgy Kepes. vía misiglo.wordpress

uxio

This entry has 0 replies

Comments open

Leave a reply