QUE É VALUMBO?

Valumbo é o proxecto editorial da Fundación Uxío Novoneyra.

Valumbo é tamén unha oscilación producida volume como explica Novoneyra nestas palabras: «Cando ti levas un gran feixe, aínda que sexa lixeiro, lévate, e iso é o valumbo, lévate o valume, a oscilación do valume.»

En Valumbo editamos para divulgar a obra de Uxío Novoneyra e a poesía galega noutros espazos poéticos. Traballamos atentos ás últimas tendencias na edición dixital para ampliar o ámbito espacial e o número de lectores das nosas publicacións.

Estamos a piques de abrir  a nosa tenda online onde poderás adquirir os títulos da colección. Editamos os tres títulos, abaixo referenciados, e agora estamos en proceso de lanzamento de 11 caligramas, unha mostra visual da poesía de Uxío Novoneyra que pretende divulgar a dimensión gráfica da súa creación. Todos os beneficios da venda desta edición especial destinaránse ás obras de rehabilitación e acondicionamento da sede da fundación na casa do poeta.

Recibimos propostas editoriais no correo valumbo@uxionovoneyra.com. Comprometémonos a contestalas.

Istas son as nosas edicións:

Nº 1: O Asombro é un audiolibro da compañía Fantoches Baj sobre poemas de Uxío Novoneyra.

O Asombro

Nº2: Novas_de poesía. 17 poetas é unha mostra consultada e bilingüe da última poesía galega reunida e traducida por Ana Gorría.

NOVAS_PORTADA

admin

This entry has 0 replies

Comments are closed.